Para saldar a débeda pública de Galiza cada galego debería traballar 68 días

Para saldar a débeda pública de Galiza cada galego debería traballar 68 días

Para saldar a débeda común do estado serían necesarias 368 xornadas de traballo por habitante.


Galiza precisa de 68 días de traballo por habitante para saldar a súa débeda pública, que superou en 2016 os 10.850 millóns de euros. Son datos publicados esta semana pola Autoridade Independiente de Responsabilidade Fiscal (Airef). No que atinxe á denominada débeda común, en Galiza precisariamos 301 días para poder saldala.

A débeda pública de Galiza bateu un novo récord e fechou 2016 superando os 10.850 millóns de euros, en concreto, 10.854 millóns. Unha cifra que supón un aumento do 4,6% a respecto do exercicio anterior, 2015, cando a débeda era de 10.375 millóns de euros. En apenas doce meses, aumentou en 479 millóns de euros. A 1,3 millóns de aumento da débeda por día.

A débeda pública galega representa o 18,5% do Produto interior bruto (PIB), diminuíndo unha décima en comparación co 2015, cando era 18,6%. Mellor comportamento, pois, que a media do estado español, onde a media é de 22% do PIB.



x