O eólico galego quer atraer megavatios da macrosubasta

O eólico galego quer atraer megavatios da macrosubasta

A macrosubasta de renovábeis deixa 3.000 megavatios eólicos para novos parques, unha adxudicación que se repartiron entre seis empresas que agora analizan onde ubicar as instalacións eólicas.


Hai 3.000 megavatios (Mw) eólicos adxudicados en subasta e na procura no estado de lugares acaídos para situar os parques de aeroxeneradores. En decembro de 2019 teñen que estar en funcionamento ou ben os impulsores perderán o aval, que está nos 60.000 euros por megavatio. A coñecido como ‘macrosubasta’ derivou en adxudicacións a media ducia de empresas do negocio eólico, das catro cales teñen presenza en Galiza.

Galiza foi perdendo peso no sector durante estes anos e na actualidade é o terceiro territorio con máis potencia eólica (3.344 Mw), por detrás de Castela-León e Castela-A Mancha e con Andalucía a desputarlle esa terceira praza (ten 3.326 megavatios). Unha parálise na que pesou a fin das primaas a renovábeis, si, mais principalmente decisións políticas do goberno galego propiciaron que o noso país ficase paralizado no eólico mentres outros territorios, como o andaluz, foron aumentando o seu peso e xerando unha economía en torno a este sector.

Forestalia meteu no peto 1.200 dos 3.000 megavatios de potebncia, Gas Natural-Fenosa, 667, Endesa, 540, Brial, 267; Gamesa 206 e Norvento, 128. De todas elas só Endesa fixo público por onde vao apostar: “Aragón, Andalucía, Castela-León e Galiza”. Esta empresa é a terceira con maior peso no eólico galego, tras Iberdrola e Acciona.

Á hora destas firmas apostar por onde instalar os novos parques terán en cionta as respectivas lexislacións autonómicas. Territorios como Aragón, Andalucía ou Castela- A Mancha xa se apresuraron a adaptar as súas normativas para captar os novos parques. O sector agarda que a Xunta dea tamén axiña ese paso.



x