CIG considera que o persoal das cooperativas é “o gran esquecido” na fusión de Clun

CIG considera que o persoal das cooperativas é “o gran esquecido” na fusión de Clun
Cadea de envasado do leite
Cadea de envasado do leite  

As seccións sindicais en Feiraco e Os Irmandiños advirten que a “incertidume” se estende entre os traballadores e pide as directivas maios “información e transparencia”.


Os delegados da CIG en Feiraco e Os Irmandiños, as dúas cooperativas que canda Melisanto impulsan o proceso de integración en CLUN (Cooperativas Lacteas Unidas), mantiveron un ha xuntanza para avaliar este proxecto e as súas consecuencias entre os traballadores. Se ben, e así o manifestan, están a favor daqueles proxectos que supoñan poñer en valor os sectores produtivos galegos e apostar no cooperativismo, recoñecen estar preocupados.

Unha preocupación “laboral” que basean en dúas cuestións. A primeira delas, no que cualifican de “indefinición” das directivas, ao non aclarar cuestións como vai ser o convenio de aplicación ou a mobilidade xeográfica ou funcional. “O persoal das cooperativas é o gran esquecido neste proceso”, din os delegados da central nacionalista, que advirten da “incertidume” que se estende entre os traballadores.

A segunda cuestión de “preocupación” é que o paso dado implique “os comportamentos ao uso dunha grande empresa máis do gran capital onde só importe ter máis e máis beneficios aínda a costa de precarizar cada día máis as condicións laborais dos seus traballadores e traballadoras”.

As seccións da CIG solicitan unha maior trasparencia e información sobre estas e outras cuestións.

.