CIG reclama o seu dereito a intervir na comisión do Pacto de Toledo

CIG reclama o seu dereito a intervir na comisión do Pacto de Toledo
suso seixo CIG
suso seixo CIG  

Só UGT e CCOO están na comisión embora a central galega e a vasca ELA ter dereito tamén a iso.


O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, vén de dirixirse á presidenta da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo, Celia Villalobos, para demandar, en nome da central sindical, a participación neste foro no que, neste intre, se debate o futuro do sistema de pensións. Seixo lembra que para a CIG e para as traballadoras e traballadores galegos ten importancia o debate que se está a dar na comisión do Pacto de Toledo sobre actual sistema de pensións e o seu futuro .

Lembra ademais á presidenta que supón “un agravio” e unha “clara discriminación” que habendo no Estado español catro organizacións sindicais que teñen a consideración de máis representativas (UGT, CCOO, ELA e CIG) nesta comisión só teña convocado as dúas primeiras “deixando á marxe a CIG e a ELA”.