Denuncian a venda de leite como reclamo a 25 céntimos nalgunhas cadeas

Denuncian a venda de leite como reclamo a 25 céntimos nalgunhas cadeas

Fruga indica que ese prezo non compensa nin a produtor nin a industria e o SLG presenta denuncia perante Dirección Xeral de Consumo.


Leite da marca Deleitar á venda nun por a 25 céntimos nun supermercado de Vegalsa-Eroski. O valor medio en orixe do leite, e naquelas granxas que menos cobran está nos 26 céntimos. Por iso as organizacións agrarias consideran que estamos, máis unha vez, perante unha estratexia de venda a perdas empregando o leite como reclamo. Desde a Federación Rural Galega (Fruga), criticaron que o leite se venda máis barato ca auga e lembraron que a un prezo de 25 céntimos para o consumidor, non compensa nin a produtor nin a industria. É unha mostra máis da situación do sector.

 

O Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistrou esta terza feira, 1 de agosto, un escrito de denuncia diante da Dirección Xeral de Comercio e Consumo -Consellaría de Industria- para darlle a coñecer “a vulneración de numerosas leis” que realizou o grupo Vegalsa-Eroski ao poñer á venda leite da marca Deleitar a 25 céntimos o litro cando o seu prezo de venda habitual nas superficies comerciais é de 85 céntimos. o SLG pide no seu escrito que a Xunta “abra expediente sancionador, realizando todas as indagacións que procedan en orde a declarar a existencia dunha práctica ilegal, impoñendo as sancións que a Administración está facultada para impoñer, con independencia das accións que noutro orde poidan proceder”.



x