A disolución de empresas en Galiza aumenta 12% en 2017: 931 nos primeiros seis meses

A disolución de empresas en Galiza aumenta 12% en 2017: 931 nos primeiros seis meses

Entre xaneiro e xullo disolvéronse 931 empresas, 61 máis que neses mesmos meses do ano pasado, 2016.


A disolución de empresas en Galiza aumentou en 12,17 por cento no primeiro semestre do ano. Entre xaneiro e xullo no noso país houbo 931 empresas en situación de cese de actividade, o que supón 61 máis que nos seis primeiros meses do ano pasado, 2016, cando foran 830. O incremento de 12%, porén, é inferior á da media estatal, que nese mesmo período foi de 21%. Son datos recollidos no informe da consultora D&B, un estudo elaborado en base aos datos do rexistro mercantil.

 

Sectores como o comercio e a construción foron os máis afectados polas disolucións, se ben non os únicos. Unha dinámica que se reproduz a nivel de Estado, onde nos primeiros seis meses deste ano disolvéronse perto de 16.000 empresas, sendo o número de traballadores afectados 40.000.

 

No que atinxe a concurso de acredores, produciuse unha redución dos mesmos en Galiza entre xaneiro e xuño deste ano. Houbo 136, o que é 20 por cento menos que os que houbo neses mesmos meses de 2016, cando foran 171. No conxunto do estado español, a tendencia foi de aumento, 5% neses meses. 



x