HOLANDA, IRLANDA E SUÍZA, OS PARAÍSOS TRIBUTARIOS DO XIGANTE DO TÉXTIL

A enxeñaría fiscal de Inditex

A enxeñaría fiscal de Inditex
[Imaxe: X.F.] Escaparate de Zara
[Imaxe: X.F.] Escaparate de Zara  

Entre o 26 de outubro e o 3 de novembro, as traballadoras das tres tendas Bershka de Vigo, da tenda de Pontevedra e da tenda de Vilagarcía botáronlle un duplo pulso a unha das marcas do maior grupo téxtil do mundo. En realidade foi unha dupla pugna: contra a empresa e contra o silenciamento intencionado da maioría dos medios de comunicación, que obviaron o paro e optaron por publicar os resultados da revista Forbes ou os 628 millóns de euros que o fundador de Inditex cobrou pola revalorización das súas accións. Mais como rebaixa o xigante téxtil a súa factura fiscal? Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 271.


7Pode semellar un recurso desgastado e desvirtuado, mais o certo é que a batalla que mantiveron as 65 traballadoras das tendas Berhska de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía encaixa perfectamente no mito de David e Goliat. E encaixa por dous motivos: o primeiro, porque nunca antes un protesto laboral alcanzara o territorio da folga dentro do maior grupo téxtil do mundo. Segundo, porque foi ignorado pola meirande parte dos medios de comunicación, que durante esa semana de folga optou por publicitar os resultados da revista Forbes ou por lembrar que o fundador do grupo Inditex, Amancio Ortega, ingresaría 628 millóns en concepto de dividendos, novas ambas as dúas que, paradoxalmente, foron quen de crear na opinión pública informada fóra dos grandes medios a idea de que a loita das traballadoras da marca xuvenil de Inditex estaba máis xustificada que nunca.

 

A actitude dos medios de comunicación lembra a que mantiveron a finais do ano pasado, cando o eurogrupo Os Verdes-Alianza Libre Europea presentou un estudo no que cuestionaba o entramado societario da multinacional, unha fórmula complexa que lle permitía beneficiarse da fiscalidade dalgúns Estados membros da Unión Europea ben coñecidos por “facilitar” a implantación de sociedades mediante políticas tributarias laxas. A denuncia non era nova e, de feito, tiña varios precedentes. O primeiro e máis soado foi en 2011, cando a transnacional repatriou a súa filial de vendas on-line tras saltar á opinión pública que a creara en Irlanda co obxectivo de aforrar impostos, xa que nese Estado o Imposto de Sociedades supón menos da metade que no Estado español, en concreto un 12,5%.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 271 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x