O eucalipto duplicou a súa extensión en Galiza en apenas dúas décadas

O eucalipto duplicou a súa extensión en Galiza en apenas dúas décadas
Eucaliptos
Eucaliptos  

O IV Inventario forestal feito polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente  cifra en máis de 250.000 hectáreas as ocupadas por esta especie, ás que hai que engadir as 40.000 Has de repoboacións.


 

Galiza ten dous millóns de hectáreas de superficie forestal, da cal por volta do 70% (1.400.000 Has) é arborada. O eucalipto ocupa case 290.000 hectáreas da superficie arborada, perto dunha cuarta parte. Segundo o IV Inventario nacional forestal feito polo Estado español, hai 248.168 hectáreas de eucalipto entre A Coruña, Lugo e Pontevedra (nos dados referidos á provincia de Ourense non figura esta especie) e 39.814 hectáreas de repoboacóns xóvenes de eucalipto. A especie que é vital para a actividade da pasteira ENCE.

No II Inventario forestal -de mediados a finais da década dos 80- a superficie que ocupaba o eucalipto en Galiza era apenas a metade da actual, 141.000 hectáreas. Se nos remontamos a comezos da década dos 70, a súa presenza no monte galego apenas chegaba ao 3%. En catro décadas, pois, sufriu unha progresión espectacular, sobre todo nas 'provincias costeiras' e hoxe en día é case o 20% da superficie arborada do país. Na provincia da Coruña son máis de 165.000 as hectáreas desta especie, mentres que na de Lugo superan as 72.000 e na de Pontevdra as hectáreas de eucalipto achéganse ás 50.000.

Técnicos e ambientalistas, esas 290.000 hectáreas ocupadas por esta especie refírense só a aquelas plantacións ou bosques de eucaliptos, sen contabilizar eucalipto que hai en plantacións ou bosques onde non é a especie maioritaria. De telo en conta, a cifra superaría, din organizacións como Greenpeace, as 370.000 Has. Nunha análise publicada hai uns anos por esa organización ambientalista, estimábase que de 600.000 propietarios forestais que hai en Galiza máis de 120.000 céntranse no eucalipto.



x