Expediente a Fenosa e Endesa por alterar o prezo da luz

Expediente a Fenosa e Endesa por alterar o prezo da luz

A Comisión nacional dos mercados e a competencia (CNMC) observa indicios de que ambas as dúas empresas manipularon os prezos entre outubro de 2016 e xaneiro de 2017.


 

A CNMC incoou expediente sancionador a Gas Natural Fenosa e Endesa por alterar o prezo da luz do mercado maiorista da electricidade. A investigación da CNMC comezou en febreiro deste año unha investigación por mor dos prezos que a luz acadou nesa etapa..

 

En xaneiro dese ano, en concreto o 25, o prezo da electricidade chegou a un máximo de case 102 euros o Megawatio hora. 90% máis que o rexistrado en xaneiro de 2016. Tamén en decembro os prezos estiveron por riba dos do ano anterior.

 

A CNMC debe dilucidar se as empresas presentaron ofertas desproporcionadas no mercado maiorista da electricidade procurando alterar o cruce da oferta e demanda e así maximizar os seus ingresos. A operación teríana desenvolvido Fenosa e Endesa a través de cinco centrais: Sagunto, San Roque, Málaga; porto de Barcelona, Besós.

 

O CNMC considera que as empresas non operaron as centrais de ciclo combinado conscientes de que as necesidades do subministro farían que o sistema eléctrico lles exixixe operar, recibindo deste xeito un prezo extra.



x