ALERTA E PREALERTA

A factura do ano máis seco da historia na Galiza

A factura do ano máis seco da historia na Galiza
[Imaxe: M.O.] Encoro de Eiras
[Imaxe: M.O.] Encoro de Eiras  

A seca que abafa Galiza desde hai meses, e que as recentes choivas apenas palían, acendeu xa hai tempo o sinal de alerta. A seca ten graves consecuencias económicas cuxos efectos van alén dos sectores primarios e evidencia até que punto a xestión da auga non se tivo en conta no desenvolvemento do país. Eis un avanzo do publicado no número 271 de Sermos Galiza.


4Falta auga no país dos mil ríos. Quen llo ía dicir a Cunqueiro. O país que ten 100 palabras para chamar a choiva (desde poalla ou orballo, para a de pouca intensidade, até arroiada ou bategada, para cando o fai con forza) a suspirar porque caian unhas pingas do ceo. Estamos perante un grave problema. Teno claro Gonzalo Cámara, do Foro Económico da Auga, que nos lembra que “a auga está nos alicerces do sistema produtivo”, afirmación que non se circunscribe ao sector primario. “Afecta o sector enerxético, o proceso de urbanización, o turismo...”, explica, ao tempo que insiste en que “a xestión da auga” é “central” para o desenvolvemento territorial, máxime cando, aponta, a demanda de auga disparouse en 52% desde 1972 a 2012.

 

Mentres, Galiza sofre neste 2017 o ano máis seco da súa historia, que se vén sumar a un 2016 e 2015 tamén marcados pola ausencia de chuvias. No que vai de ano choveu a metade do que sería normal. Temos 7 dos 19 sistemas da demarcación Galiza Costa en alerta por seca e os 12 restantes en prealerta. Os encoros do país apenas chegan a 44% de capacidade, 13 puntos por baixo da media. “Hai alguén tan parvo como para pensar que isto non vai pasar factura na economía?”, pregúntase o enxeñeiro Carlos Dafonte.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 271 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]



x