A patronal do transporte insta a Xunta a un “aceno” que permita acabar co conflito

A patronal do transporte insta a Xunta a un “aceno” que permita acabar co conflito
greve transporte viaxeiros
greve transporte viaxeiros  

Piden que mostre unha “actitude positiva” cara ao “diálogo”.


Anetra, Fegabús e Transgacar, as tres federacións empresariais do transporte de viaxeiros por estrada que manteñen conflito coa Xunta polo plan de transporte, piden un “aceno” que “permita achegarse a algunha solución ao conflito”. A patronal reclama á conselleira que aposte no diálogo, “todo o contrario do que amosou a pasada quinta feira”, pois estase ante a ameaza dun paro indefinido.

 

Para estas empresas, é preocupante a persistencia da Xunta de “impoñer o seu controvertido plan de transporte público”. Acusan a Xunta de “non atender as peticións do sector” e afirma que ela vais er responsábel “única e directa” das consecuencias do mesmo, que indica que será peche de pequenas e medianas empresas e destrución de postos de traballo.

 

Estas empresas deran por rotas as negociacións coa Xunta despois de que o Consello do goberno galego aprobase a licitación dos novos contratos a pasada quinta feira. A Consellería de Infraestruturas e os sindicatos volven reunirse esta segunda feira pola, para tratar o principio de acordo sobre as cláusulas sociais dos novos convenios deste servizo. Para esta terza feira a cita está prevista entre representantes dos traballadores e da patronal.



x