Fenosa e Xunta adquiren a Abanca o 10% da principal distribuidora de Gas de Galiza

Fenosa e Xunta adquiren a Abanca o 10% da principal distribuidora de Gas de Galiza

Pagan un importe total de 9 millóns de euros


A Xunta e Gas Natural Fenosa fecharon esta quinta feira a adquisición a Abanca do 9,94% de Gas Natural Galicia, a principal distribuidora de gas do noso país. Fenosa mercou o 6,85% do capital da distribuidora, pagando 6,2 millóns de euros; mentres que a Xunta se fixo o 3,1% restante, polo que paga 2,8 millóns de euros. “Esta operación reforzará o proxecto de medre que Gas Natural Galicia ten para os vindeiros anos”, asegura a compañía nunha nota. Estamos a falar dunha rede de distribución de perto de 3.400 quilómetros e do subministro de 263.000 clientes en 73 concellos.

Con esta operación, Gas Natural Fenosa pasa ter o 68,5% do capital de Gas Natural Galicia, mentres que a Xunta aumenta a súa presenza ao 30,9 por cento. O 0,6% restante é propiedade do Concello da Coruña. 



x