A fenda salarial entre homes e mulleres nas cidades galegas: dos 5.512 euros de Ferrol aos 2.369 de Ourense

A fenda salarial entre homes e mulleres nas cidades galegas: dos 5.512 euros de Ferrol aos 2.369 de Ourense
Imaxe: Turgalicia
Imaxe: Turgalicia  

A Coruña é a urbe galega co salario medio bruto máis alto. Por sexos, Compostela é a cidade onde o soldo das mulleres é maior.


As sete cidades galegas teñen un salario bruto medio superior ao galego (16.444 euros anuais), se ben entre ellas existen importantes diferenzas. Entre A Coruña, co soldo máis alto das sete, e Ourense, que ten o máis baixo, hai máis de 3.100 euros de fenda. Son 19.859 euros na cidade herculina por 16.711 na das Burgas. Compostela (19.530 eiuros anuais) e Vigo acompañan A Coruña no podio das tres cidades coa media de salario bruto máis alto. En Pontevedra ese soldo é de 17.870 euros, en Lugo anda nos 17.261 e en Ferrol, 16.722, case o mesmo que en Ourense, que fecha a táboa.

Porén, se analizamos eses salarios nas sete cidades por xéneros vemos como a fenda salarial existe en todas elas, sendo Ferrol a que rexistra maior diferenza. Na cidade departamental o soldo bruto medio dun traballador é de 19.372 euros mentres que o dunha traballadora fica nos 13.860 euros, unha fenda de 5.368 euros. A seguir figura A Coruña, onde os homes gañan unha media bruta ao ano de 22.638 euros (os mellor pagos das cidades de Galiza) e as mulleres 17.270. A diferenza é de 5.512 euros.

O ranking de desigualdade salarial continúa con Vigo, onde as mulleres gañan unha media de 16.233 euros, o que supón 4.961 euros anuais menos que os seus compañeiros, que están nos 21.194. A cidade olívica é a terceira de Galiza en canto a soldos, tanto para varóns como para mulleres. En Pontevedra esa fenda é de 3.875 euros. Os homes gañan de soldo bruto medio 19.918 euros (cuarta cidade galega con mellores salarios para eles) mentres as mulleres só 16.061 (quinto posto en soldos para ellas).

En Lugo e Ourense a fenda é de 2.408 e 2.369 euros respectivamente. Ambas as dúas cidades figuran como últimas entre as sete galegos ao analizar o salario bruto medio que perceben os homes: 18.568 euros Lugo e 17.979 Ourense. As mulleres gañan 16.160 euros na urbe amurallada (cuarto mellor salario para as traballadoras) mentres que fican en 15.610 euros na das Burgas.