PERDA DE CAPITAL

Máis de 450 empresas deixaron Galiza en apenas catro anos

Máis de 450 empresas deixaron Galiza en apenas catro anos
[Imaxe: Pharma]
[Imaxe: Pharma]  

Feijóo foi unha das voces que máis alto se alarmaron nestes días do cambio de domicilio social dunhas corenta empresas cataláns a outros territorios do Estado, consecuencia -dixo- do procés. Mais, ten motivos o presidente galego para dar leccións? En apenas catro anos realizaron esa operación na Galiza máis de 450 sociedades. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 268 de Sermos Galiza.


Nestas dúas semanas ducias de empresas emprezadas en Catalunya decidiron trasladar o seu domicilio social a outro territorio do Estado. Unha mudanza que contou co apoio e beizóns do propio Estado español, que modificou a lexislación ad hoc para poñer alfombra vermella a esa marcha, consciente do impacto en pleno proceso independentista. 

 

3Alberto Núñez Feijóo sumouse entusiasta, desde Galiza, ao coro de dirixentes populares e socialistas que apontaban a eses traslados como mostra clara e irrefutábel de que o soberanismo levaba Catalunya ao desastre. O presidente da Xunta pode que non sexa o máis acaído para dar leccións neste tema. De feito, e se fai memoria, Feijóo lembrará que en 2014 o Goberno galego que el preside ordenou á Axencia Tributaria Galega que activase un plan de inspección sobre a fuga de empresas localizadas na Galiza a Madrid, atraídas pola eliminación de trabas ou a menor presión fiscal. Os resultados desa inspección non se fixeron públicos.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 268 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
 



x