Galiza perdeu 163 millóns de euros coa marcha de empresas a outros territorios do Estado

Galiza perdeu 163 millóns de euros coa marcha de empresas a outros territorios do Estado

Ao longo de 2016 abandonaron o noso país 115 firmas, unha media de dúas cada semana.


Un total de 115 empresas deixaron en 2016 de ter o seu domicilio en Galiza para telo noutro territorio do Estado español, mentres que cen foron as firmas que decidiron trasladarse ao noso país desde outras autonomías. Un saldo negativo de 15 empresas que tamén deixa pegada na facturación: a suma da facturación das empresas que abandonaron Galiza é 163 millóns de euros superior á das firmas que viñeron se asentar aquí.

 

Son datos da consultora Informe D&B, que periodicamente realiza balanzos sobre estes movementos de empresas. Entre 2008 e mediados de 2016 marvharon de Galiza perto de 950 empresas, unha cifra inferior ás recibidas nese mesmo período, que foron mñais de mil cen.

 

Segundo datos do IGE, en Galiza hai 168.145 empresas sen persoas aslariadas, o que supón aproximadamente o 68% do total das que teñen actividade no noso país. Non poucos preguntan se se pode chamar empresas a quen non ten ningún traballador a cargo.

 

Ademais, 46.789 empresas contaba cun ou dous asalariados (o 18,89% do total). Aquelas que teñen un mínimo de 20 traballadores representan apenas o 1,73% do total. Do total de 247.000 empresas que operan en Galiza só 92 teñen máis de 500 traballadores, e 127 móvense entre os 250 e 499 asalariados.

 

As porcentaxes máis altas de empresas con ningún, un ou dous asalariados está no sector primario, (o 96,98% das empresas). No outro extremo atópase o sector industrial (incluída a enerxía), onde a porcentaxe de empresas que non chega a tres asalariados é do 68,60%.



x