"Galiza segue a ser subministradora de leite barato para a industria española e europea"

"Galiza segue a ser subministradora de leite barato para a industria española e europea"

Fruga critica que mentres a multinacional Lactalis, primeira industria en Galiza en volume de recollida, anuncia subas en Francia mantén en Galiza os prezos mais baixos do Estado.


A multinacional francesa Lactalis é a primeira industria en Galiza por volume de recollida de leite. Recentemente anunciou aos gandeiros franceses subas no prezo do leite. Concretamente, di a Federación Rural Galega (Fruga)  por volta de 36 céntimos por litro no mes de setembro. “ Este grupo argumentaba esta suba como consecuencia dos importantes incrementos que se están a dar nos mercados mundiais”.

 

Desde a Fruga defenden que as subas que se dean a nivel mundial teñen tamén que ter concreción nos prezos que perciben as explotacións lácteas galegas. “A día de hoxe cobramos o prezo mais baixo do estado español, e dos prezos mais baixos da Unión Europea, dándose a circunstancia de que existen empresas que pagan mais o leite noutros puntos do estado que na propia Galiza. A produción láctea galega serve en parte para facer cadrar os balances das industrias, castigando a produción láctea galega a cambio de aplicar subas noutras partes do estado ou da Unión Europea”.

 

Este tipo de prácticas mostran para a Fruga o “máis absoluto fracaso da Xunta”. Os sucesivos gobernos de Feijoó, indica a Federación, foron incapaces de conseguir unha industria forte en Galiza, “o cal derivou en que a día de hoxe o principal recolledor de leite en Galiza sexa un operador francés”.  Pídelle á Consellería de Medio Rural, aliás, que poña en marcha a Mesa do Leite, “para que evitar todo este tipo de discriminacións que sufre o sector lácteo galego”.



x