FORTE AUMENTO INTER-ANUAL DO PREZO DA VIVENDA

Galiza, o terceiro territorio máis inflacionario do Estado

Galiza, o terceiro territorio máis inflacionario do Estado
Está a repuntar o mercado da vivenda
Está a repuntar o mercado da vivenda  

Os prezos soben máis na Galiza do que no promedio estatal. En concreto, en taxa inter-anual, de xaneiro de 2016 ao mesmo mes de 2017, experimentaron un incremento de 3,2 por cento, dúas décimas máis que a media española.


A evolución dos prezos na Galiza en xaneiro apresentou dúas caras. Na comparativa mensal -a respeito de decembro de 2016-, baixaron. Fixérono 0,7 por cento, máis que en España (0,5). Na comparativa inter-anual, de xaneiro de 2016 a xaneiro de 2017, incrementaron 3,2 por cento, dúas décimas máis que no Estado.

Galiza sería así o terceiro territorio máis inflacionario do Estado, só por debaixo de Castela León (4 por cento) e Castela A Mancha (3,3 por cento).

Por sectores, na Galiza a principal subida inter-anual produciuse nos prezos da vivenda, que experimentaron un vigoroso crecimento, 8,6 por cento, o que indicaría unha recuperación do mercado imobiliario. Mesmo en termos inter-mensais, e nun contexto de descenso noutros rubros da economía, os prezos para a adquisición de moradas incrementaron en 3,2 por cento.

Tamén en termos inter-anuais é significativo o aumento dos prezos do transporte, 7,6 por cento.

Canto ás caídas, en termos inter-mensais, lidera a descida dos prezos o vestido e o calzado (16 por cento).

Os motivos inflacionarios básicos son o aumento do valor dos combustíbeis e da electricidade. Polo lado do descenso dos prezos, a razón básica está nas rebaixas do mes de xaneiro.

Todos estes dados están tirados do español Instituto Nacional de Estatística