O goberno español envía a Garda Civil a El Prat para “reforzar os controis” durante a greve

O goberno español envía a Garda Civil a El Prat para “reforzar os controis” durante a greve

O ministro De la Serna anuncia que aumentará o número de axentes no aeroporto a partires da vindeira segunda feira, día no que os traballadores de Eulen inician paro indefinido.


O goberno español decidiu enviar a Garda Civil ao aeroporto de El Prat para a partir da vindeira segunda feira, 14 de agosto, reforzar os controis de seguridade. O 14 os traballadores e traballadoras de Eulen fan indefinida a súa greve. O executivo presidido por Mariano Rajoy cumpre así o aviso que fixera de que estaba disposto a intervir de forma directa no conflito por mor do paro dos empregados de Eulen.

 

Esta sexta feira o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, anunciou após a xuntanza do comité de crise reunido en Barcelona, que o goberno español e Aena acordaron iniciar “os preparativos para intensificar a presenza da Garda Civil no aeroporto”. O número de axentes aumentaría “de forma significativa”.

 

Porén, o ministro afirmou que a Garda Civil non substituiría as tarefas que fan os traballadores de Eulen. 



x