A gran banca española gaña 23% máis no primeiro semestre: 7.725 millóns de euros

A gran banca española gaña 23% máis no primeiro semestre: 7.725 millóns de euros

A gran banca española continúa a facer caixa. No primeiro semestre do ano, marcado pola compra por un euro do Popular-Pastor polo Santander, a gran banca tivo unhas ganancias de máis de 7.725 millóns de euros, o que supón un aumento de 23% a respecto do mesmo período do ano anterior. Santander, BBVA, CaixaBank, Bankia e Sabadell son as cinco entidades financeiras que forman esa ‘gran banca’ española, bancos ‘sistémicos’ que se viron beneficiados no proceso de reordenación e recentralización acometido nestes anos no sistema financeiro no Estado español.

 

Esta compra provoca que máis do 60% do negocio bancario en Galiza vai ficar en mans de dúas entidades, Abanca e o Santander resultante de engolir o Popular-Pastor. Unha porcentaxe considerábel do mercado, moi superior ao que se rexistra en países europeos, onde se tenta evitar este tipo de situacións polo que poden supoñer de ir cara a un oligopolio.  En 2016 cinco grandes bancos (Caixabank, Santander, BBVA, Bankia e sabadell) copaban 60 por cento do negocio bancario do Estado español, A porcentaxe superaba amplamente a que se rexistraba en Alemaña, onde as principais entidades sumaban pouco máis de 30% do pastel. En Francia non chegaban a 50% e no Reino Unido anda abeirando 40%.

 

Abanca gañou 229 millóns de euros netos entre xaneiro e xuño, un 23,1% máis que no mesmo período do ano anterior. Ao medre de 6,4% dos recursos de clientes xestionados —situados ao peche de xuño en 36.204 millóns sumando depósitos e produtos fóra de balance como os seguros de aforro, fondos de investimento e de pensións— contribuíu a fuga de clientes que o Popular viviu nas semanas previas á súa venda o 7 de xuño. O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet destacou que a entidade gañou dous puntos de cota en depósitos á conta de varios competidores, consolidándose por riba do 40% do mercado neste eido. "



x