EN NÚMEROS VERMELLOS

Mellor non subscribamos plans de pensións pivados

Mellor non subscribamos plans de pensións pivados
[Imaxe: Xurxo Díaz]
[Imaxe: Xurxo Díaz]  

Desde a década dos 90, a banca privada e unha boa morea de economistas –moitos deles vencellados, paradoxalmente, á función pública- animan a subscribir plans privados cos que complementar as pensións tras a súa xubilación. Porén. a realidade dos números aconsella o contrario. Que hai detrás dos plans de pensións privados? Eis un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 227, á venda xa na loxa.


Non hai arma máis eficaz que o medo, un medo inoculado na xente a través de declaracións, informes, estudos e dados que, torturados convenientemente, din o que con insistencia pregoan a banca privada e as grandes corporacións co obxectivo de facer medrar o seu negocio: o sistema público de Seguridade Social periga e cómpre sermos previsoras e previsores para nos asegurar o cobro dunha pensión razoábel. Para que faga efecto, é fundamental espallar e manter un estado xeral de incerteza no que mesmo é decisiva a introdución dalgún elemento veraz no debate: o devalo demográfico fai insostíbel a medio prazo un sistema de “solidariedade interxeracional” como este.

mini_pensionsCon todo, a posta en escena non é todo o perfecta que as entidades bancarias, o Banco de España ou a OCDE quixesen. Na enleada de números que se publican acotío é doado atopar tamén informes de entidades nada sospeitosas nos que o mundo ideal que a banca debuxa e co que bombardea os fogares a través dos medios de comunicación resulta ser máis ben un fiasco. O máis contundente é, probabelmente, o que elaboraron catro profesores da Universidade de Navarra no seo do IESE, isto é, a Escola de Dirección de Empresas desa institución académica. Resumindo, o traballo, que se vén presentando de xeito sistemático desde o ano 2006 e no que se analizan centos de plans de pensións, conclúe que entre os anos 2000 e 2015, a rendibilidade anual media dos fondos de pensións foi do 1,58%, é dicir, a terceira parte da que obtivo o Ibex 35 e o 30% da que acadaron os bonos do Estado a 15 anos.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 226, á venda na nosa loxa]