A luz encarece 3,2% no que vai de decembro, a sétima suba do recibo en 2017

A luz encarece 3,2% no que vai de decembro, a sétima suba do recibo en 2017

 

O recibo da luz sitúase no que vai de decembro en 81,87 euros, dez euros máis que en agosto. Son datos de Facua-Consumidores en Acción, que indica que esta suba en decembro – que foi de 3,2% para unha persoa usuaria media- é o cuarto incremento mensal consecutivo.

 

Con este aumento o recibo da luz rexistrou incrementos en sete dos doce meses de 2017. Facua critica a pasividade do goberno perante unhas subas que responde  a un “oligopolio que en lugar de partillar, especula coas tarifas”.

 

Ademais, reclama unha baixada do IVE da electricidade así como unha intervención no sector para que sexa o goberno quen fixe periodicamente unha tarifa asequíbel”. 

 

 



x