McDonald's substitúe traballadores por máquinas en resposta á reivindicación dun salario xusto

McDonald's substitúe traballadores por máquinas en resposta á reivindicación dun salario xusto
Mobilización perante o McDonald's
Mobilización perante o McDonald's  

A multinacional comeza reemprazar o persoal por pantallas táctiles, un cambio que prevé facer nos seus 14.000 locais en EUA. “Os robots non fan greve, non se poñen enfermos nin fican grávidos”, defende o ex-director xeral da compañía.


En 2014 os traballadores da cadea de comida rápida McDonald's iniciaron unha vaga de mobilizacións para reclamar un incremento salarial e o dereito a formar un sindicato. Demandas que se mantiveron desde entón, estendéndose por diferentes partes de Estados Unidos e mesmo Europa, así como a outras cadeas, Burger King, Wendy´s... Os traballadores organizaron paros, manifestacións, protestos, levaron as demandas a concellos e estado, todo para defender un salario “digno” der 15 euros á hora. 'Figt for 15' foi o lema desta campaña.

A resposta que dá McDonald's é, segundo informa CNN Money, reemprazar o persoal de barra por pantallas táctiles. Unha medida que xa se implantou en 500 locais de Florida, Nova Iorque e o sur de California, e que se estenderá aos 14.000 desta compañía en Estados Unidos. Até o de agora esas pantallas empregábanse unicamente para os pedidos para levar.

Con esta medida, empregaranse tamén para aqueles clientes que consuman no local. E a compañía prepara máis pasos, como mercar o menú desde o móbil. “É máis barato mercar un robot de 35.000 dólares que manter un empregado ineficiente que cobra 15 dólares á hora fritindo patacas”, dixo en maio pasado Ed Rensi, ex-director executivo de McDonald's. “Os robots non se poñen enfermos, non fan greves, non fican grávidos e sempre son puntuais”, engadiu.