16 ANOS DA PRIMEIRA PEDRA NA GALIZA

O negocio do AVE non perde o tren

O negocio do AVE non perde o tren
[Imaxe: Xunta]
[Imaxe: Xunta]  

Galiza ten que agardar até finais de 2019 para poder ter o AVE, un transporte do que gozan xa gran parte dos territorios e que implicou o investimento de 51.175 millóns de euros de diñeiro público. Unha cantidade inxente, da que deron boa conta grandes firmas de obra pública, para un transporte que non representa nin o 2% da mobilidade das pasaxeiras e pasaxeiros. Eis un extracto do publicado no número 266 de Sermos Galiza.


5En 1992, hai 25 anos, o primeiro tren de Alta Velocidade que circulaba polo Estado completaba o seu percorrido inaugural entre Madrid e Sevilla. Narcís Serra, entón vicepresidente do Goberno e hoxe imputado pola súa xestión á fronte de Catalunya Caixa, comandou aquela primeira expedición en medio dun auténtico xúbilo por aquel “salto á modernidade”. Na Galiza a primeira pedra da Alta Velocidade púxose case unha década despois, en 2001. Desde entón, entre arres e xós, o noso país benefíciase de 475 quilómetros desta rede. Ningún deles, iso si, coas máximas posibilidades. Son 233 quilómetros de servizo entre Madrid e Zamora e 242 quilómetros no interior da Galiza. Isto é o que hai na Galiza do AVE.

 

O Estado español compite en número de quilómetros (só superado pola China) e en velocidade (222 Km/hora de media, máis que o Xapón). Mais non en rendibilidade económica e social. Verdades O valor asegurábel de todo o AVE na Galiza é duns 2.500 millóns de euros. Moito menos que o investimento nel. Nestes 25 anos, máis de 51 mil millóns de euros de diñeiro público investíronse no AVE no Estado. Un transporte que non chega a representar o 2% da mobilidade das pasaxeiras e pasaxeiros.

 

A Alta Velocidade move 25 millóns de persoas anuais mentres que só as liñas de proximidade andan camiño das 500 millóns de persoas. E son precisamente as liñas de cercanías e convencionais as que están a ser sacrificadas na Galiza coa desculpa do do AVE. “Aquí todo o investimento público para o ferrocarril foi para o AVE, co cal as liñas de ferrocarril convencional, as máis importantes, que son servizo público, están abandonadas”, confésanos Ángel Valladares, da Confederación General del Trabajo (CGT) na Galiza.

 

[Podes ler a reportaxe completa no número 266 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x