TERCEIRO TERRITORIO CON MÁIS EMISIÓNS

A nosa industria contaminante

A nosa industria contaminante

Galiza representa menos de 6% da poboación do Estado e apenas 5% do seu PIB, mais somos o terceiro territorio cuxo sector industrial máis emisións rexistra: 11% do total. Porcentaxe que supera a de comunidades moito máis industrializadas e que ten custos e consecuencias. Eis un extracto da reportaxe publicada no papel.


3Somos unha potencia en emisións de gases de cambio climático. O noso sector industrial é o terceiro do Estado español en emisións contaminantes. Nada mal para un territorio cuxo PIB apenas é 5% do conxunto do Estado e cuxo peso poboacional é menos de 6%. Iso si, as grandes empresas localizadas na Galiza emitiron durante 2016 máis de 14 millóns de toneladas anuais de CO2, o principal gas do efecto invernadoiro que causa o quecemento global.

 

Somos a terceira comunidade no Estado con máis emisións contaminantes de fontes fixas. Superamos, e de longo, territorios con moito maior peso industrial que nós, como é o caso de Catalunya ou de Euskadi, por poñer dous exemplos. Galiza supón 11% do total destas emisións que se producen en todo o Estado. Ademais, mentres no conxunto do territorio estatal esas expulsións contaminantes reducíronse nun 11%, no noso país apenas foi dun 9%.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 273, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x