Orzamentos que non están á altura do país

Orzamentos que non están á altura do país
[Imaxe: Xunta]
[Imaxe: Xunta]  

O goberno de Alberto Núñez Feijóo vén de presentar os seus novenos orzamentos públicos, unhas contas que medran por terceiro ano consecutivo. A previsión de gasto é de 9.487 millóns de euros. A pregunta obrigada é se son estes os orzamentos que este país precisa. Eis un extracto do que publicamos no Sermos Galiza 270.


O mantra insistentemente repetido polo goberno galego ao longo destes meses é que a crise ficou atrás e que todas as magnitudes económicas da Galiza indican que o país está camiñando firme pola senda da recuperación. Pero, despois, “á hora da verdade”, o executivo de Núñez Feijóo presenta uns orzamentos para 2018 “continuístas cos anos de crise e para nada acorde coa Galiza que eles mesmos nos venden”. Esta é a opinión de Mabel Iglesias, consultora e analista. Unha opinión que partillan desde forzas da oposición parlamentar a sindicatos e tamén economistas.

 

Os novenos orzamentos de Núñez Feijóo, e os terceiros de crecemento consecutivo, fixan unha previsión de gasto de 9.487 millóns de euros, un 2,9% máis que os de 2017.

 

5Serven? Son os orzamentos que Galiza precisa?

 

En Marea, PSdeG e BNG coinciden en que non. “Rutineiros”, “continuístas”, “decepcionantes”, “restritivos”... son algúns dos adxectivos empregados para cualificalos. Porén, as contas son netamente superiores (en máis de 331 millóns de euros) ás do exercicio pasado. Non é ese un avanzo na boa dirección?

 

“O incremento é de 2,9%, moi inferior ao medre da economía, un 5% nominal”, advirte Fernández Leiceaga, nunha liña de crítica que apoian non poucas voces.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 270 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x