O 70% DAS ADXUDICACIÓNS DA XUNTA, A EMPRESAS FORÁNEAS

País de licitacións, lucro para os de fóra

País de licitacións, lucro para os de fóra

Apenas o 31% dos concursos públicos adxudicados pola Xunta recaen en empresas galegas, unha situación que non lle pasa desapercibida ao tecido empresarial galego, que xa notificou ao Goberno galego a necesidade de variar este escenario. Grandes empresas foráneas fanse con parte dese pastel do 70% restante para subcontratar na Galiza o servizo, mais sen pagar impostos aquí e sen deixar a riqueza que xeran. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 267. Eis un extracto.


As axudicacións e concursos públicos son un dos puntos importantes -non o único- na dinámica económica e empresarial dun país. Galiza non é unha excepción. Administración local, galega e central licitan e sacan a concurso actuacións, obras ou servizos por importantes cantidades de diñeiro, miles de millóns para circular na economía.

 

De aí que o feito de que apenas o 31% dos concursos públicos que adxudica a Xunta vaian a empresas galegas é un dado que preocupa, e non pouco, no propio sector. Non é para menos, pois case o 70% das adxudicacións son para empresas estranxeiras. Empresas de tamaño e envergadura, non poucas veces multinacionais, son as que levan boa parte dos concursos da administración pública galega para, a seguir, subcontratar na Galiza o servizo. Mais nin a riqueza que xeran fica aquí nin, moito menos, os impostos que pagan. O propio presidente da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), Antón Arias, expresoulle a preocupación por esta situación ao Goberno galego.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 267 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x