Un de cada tres contratos laborais é por menos dunha semana

Un de cada tres contratos laborais é por menos dunha semana

Mais de 95% dos contratos asinados ao longo de 2016 foron temporais e neles, apenas 0,3% tiñan unha duración superior a un ano.


Levamos varios anos batendo récords en Galiza no que respecta a número de contratos asinados. Mesmo durante os anos máis duros da crise, con destrución de emprego, aumentaban as estatísticas de contratos que se rubricaban no noso país. Así, se ben entre 2009 e 2011 descendeu a cifra de contratos, a partir dese ano comezou a aumentar embora seguirse a se destruír emprego. O motivo, a temporalidade.

No 2016 asináronse perto de 942.500 contratos en Galiza. Menios de 5% dos mesmos era indefinidos: 42.250. A inmensa maioría foron contratos temporais, 897.205, 95% do total. E neste grupo, o maior volume corresponde aos contratos de menos dunha semana. Un total de 311.030 eran dese período de duración, o que supón 33%. No ano 2009 os contratos que duraban menos dunha semana eran menos de 13% do total.

De lle engadir a eses 311.000 contratos de menos dunha semana os perto de 100.000 contratos cuxa duración non sobrepasa o mes teriamos que perto de 50% das contratas laborais que se asinaron durante o ano pasado foron por menos de 30 días de duración.E hai 32% de contratos indeterminados (moi comúns en contrato por obra ou entre os eventuais por circunstancias da produción).

De feito, só 17% dos contratos nese ano tiveron unha duración de entre 1 e 6  meses, mentres que 2% foron de 6 meses a 1 ano e só 0,3% serán para máis dun ano de duración.