A pensión media galega fecha o ano un 15% por baixo da española

A pensión media galega fecha o ano un 15% por baixo da española

Só Estremadura ten, de media, unha prestación máis baixa que a galega.


A pensión media subiu en Galiza 1,9% a respecto do mesmo mes do ano pasado mais continúa a ocupar os últimos postos no Estado, só por diante de Estremadura. A pensión media é de 783 euros mensuais no noso país mentres que no Estado a media é de case 927 euros. Unha fenda de 15%.

 

O número total de pensións en Galiza alcanza as 757.612, 0,56% máis en relación co mesmo mes do ano anterior e xa representan 7,95% das do conxunto do Estado.  En canto a tipo de pensións, de xubilación contabilizáronse 473.961 en Galiza no último mes do ano, cuxo valor medio foi de 892,18 euros. Esa mesma pensión é, de media, no Estado, 1.71 euros, 12% máis que a galega.



x