O PIB de Galiza medrou nun 0,9% no terceiro trimestre

O PIB de Galiza medrou nun 0,9% no terceiro trimestre

É unha suba superior á do PIB español nese período (0.7%).


O produto interior bruto (PIB) de Galiza medrou neste trimestre un 0,9%, unha suba superior á rexistrada polo PIB español neste mesmo período, e que foi do 0,7%. Se comparamos co mesmo período do ano anterior, terceiro trimestre de 2015. o aumento do PIB galego foi fo 3,3% mentres que o do español se situou nun 3,2%.

Entre o segundo e terceiro trimestre, o PIB galego medrou unha décima mentres que o produto interior bruto español descendeu unha décima. A contribución da demanda do Estado ao medre anual do PIB foi de 2,6 puntos, unha caída de 3 décimas a respecto do segundo semestre.

O balance global da economía galega no segundo trimestre do ano, como sinalaba o Foro Económico de Galiza, é positivo atendendo á evolución da actividade produtiva e do mercado laboral. No que atinxe ao PIB real, tras once trimestres consecutivos de taxas de variación interanuais positivas cada vez máis elevadas, a economía galega foi quen de reducir o diferencial de medre coa media española.