NOVA LEI

Porta franca ao espolio

Porta franca ao espolio
[Imaxe: ContraMINAcción]
[Imaxe: ContraMINAcción]  

O Parlamento de Galiza aprobou, cos únicos votos a favor do PP, a toma en consideración da lei de fomento de iniciativas empresariais, unha norma que acendeu os sinais de alerta non só na oposición, senón tamén en colectivos e organizacións sociais e ambientalistas. Todos coinciden na preocupación perante un proxecto de lei que, aseguran, fai saltar polos aires garantías e mecanismos de control para deixar a porta franca á cobiza de grandes empresas. Debullámolo no Sermos Galiza 264. Eis un extracto da reportaxe.


“De ter existido anteriormente unha lei como esta, non tería sido posíbel frear atentados ambientais como o proxecto de mina de Corcoesto, a extracción de feldespatos da Limia ou mesmo impedir a Lei de Acuicultura”. A advertencia que nos fai a plataforma ContraMINAcción a respeito da Lei de fomento de iniciativas empresariais que o Parlamento galego vén de tomar en consideración non é pouca cousa. A norma que impulsa o PP pretende, baixo o argumento de facilitar proxectos e iniciativas empresariais, desregular ámbitos como o mineiro, eólico, forestal, hidráulico... Unha denuncia partillada por non poucos sectores, tanto no ámbito político, como laboral, ambiental e social.

 

A lei de iniciativas empresariais, de se aprobar, vai ter “graves consecuencias” para Galiza. O PP presentouna a través do trámite de urxencia para “aforrar informes” como o do Consello Económico e Social, sostén Noa Presas, deputada do BNG, que considera que esta lei é propia “dun país colonizado”, polo que implica ao “modificar leis como a da minaría, do sector eólico, a lei de augas, a lei do solo... para beneficiar proxectos industriais que non favorecen a Galiza”.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 264, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x