DÉFICIT

O prezo da imaxe de ‘bo xestor’ de Feijóo

O prezo da imaxe de ‘bo xestor’ de Feijóo
[Imaxe: Xunta] Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, e Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda
[Imaxe: Xunta] Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, e Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda  

O goberno de Alberto Núñez Feijóo optou por se financiar a través de bancos e fondos de investimento, con tipos de interese máis altos, e non mediante os mecanismos públicos. As preguntas, tamén en sede parlamentar, sobre cal é o sobrecusto desta decisión baten co silencio da Xunta. Outros cálculos cifran ese ‘custo de máis’ en 1.670 millóns de euros. Deixamos un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 260.


4É unha das imaxes de si propio da que máis gosta Alberto Núñez Feijóo, que máis pregoan e destacan os medios afíns e que mesmo chegou a callar en segmentos non pequenos da sociedade galega: Feijóo como un bo xestor. O presidente que, por riba de cuestións ideolóxicas, mantén as contas da Galiza saneadas e a salvo. El propio, en intervencións no Parlamento, tense gabado de ‘salvar’ a autonomía ao non ter que recorrer a mecanismos do Estado para se financiar. “Galiza ten risco cero de ser intervida”, manifestou en 2012 para sacar peito fronte a outros territorios –Catalunya, Valencia... –.

 

Mais esa imaxe de bo xestor que tanto lle presta ten un custo, e este non é pequeno. Un deses custos foi calculado polo economista e deputado de En Marea Manuel Lago, que cifrou en 1.670 millóns de euros o que na Galiza pagamos de máis por esa decisión da Xunta de se financiar a través de bancos e fondos privados e non mediante os mecanismos públicos dispoñíbeis. Beneficios “moi suculentos para os bancos en detrimento da cidadanía” nunha “operación de imaxe e propaganda” a maior gloria de Feijóo.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 260, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x