A renda per cápita no concello galego máis rico triplica á do máis pobre

A renda per cápita no concello galego máis rico triplica á do máis pobre

En Oleiros a renda bruta por cabeza está en máis de 37.500 euros mentres que en Cervantes apenas supera os 11.100.


Concellos ricos e concellos pobres. A fotografía da Axencia tributaria española sobre a riqueza per cápita dos municipios galegos deixa a imaxe dunha fenda. A riqueza por cabeza no concello máis rico (Oleiros, 37.584 euros por habitante) triplica claramente a do máis pobre (Cervantes, 11.188 euros). A media galega é de 22.353 euros, 15.000 euros por baixo de Oleiros mais 11.000 euros por riba de Cervantes.

 

Na listaxe dos concellos máis ricos figura, ademais de Oleiros, As Pontes de Garacía Rodríguez (29.749 euros), Nigrán, con 27.338;A Coruña con 27.290 euros e Santiago, con 27.181. No outro extremo, os municipios máis pobres de Galiza en canto a renda per cápita están Toques (12.113 euros), Paradela (12.644), Baleira (12.698 euros) e Riós, con 12.721.

 

Das 53 comarcas en que se divide Galiza só 11 teñen un produto interior bruto (PIB) por habitante que iguala ou supera a media do país. As 42 restantes fican por baixo dela. E cómpre lembrar que a riqueza por habitante en Galiza fica por baixo da media do Estado e moi por baixo da media da Unión Europea. Así pois, hai 42 comarcas galegas que, no que a PIB se refire, están descolgadas, con perigo de ficar desenganchada do evoluír do ámbito europeo



x