AS CHAVES

Os retos de 2018 para a economía galega

Os retos de 2018 para a economía galega
Oficina de emprego
Oficina de emprego  

3Fanse neste 2018 dez anos do estoupido da crise económica e moitas preguntas continúan sen resposta. Os indicadores afirman que 2018 vai ser un bo ano en magnitudes macroeconómicas para a economía galega. O que non quer dicir que iso se traslade a un bo ano para a economía dos fogares e as familias. Eis un extracto da información que publicamos no Sermos Galiza 278

 

Galiza, Valencia e Madrid van ser os territorios que lideren o medre económico no Estado español neste 2018 que van de arrancar. É a previsión recollida no estudo de Funcas (Federación de caixas de aforros) e que baralla para o noso país un crecemento maior (3% do PIB) do que a propia Xunta, que contempla un 2,5%.

 

Son vaticinios, porén, para tomar con cautela. Non tanto por se estes se cumpren ou non -a economía medrará, coinciden todos os indicadores- como polo feito de que a pesar de que iso aconteza, non implica creación de emprego ou unha redución das desigualdades 

 

En 2017 a economía galega, tamén medrou, mais evidenciáronse as súas enormes dificultades para xerar emprego. O goberno de Núñez Feijóo fala de que ao longo deste ano crearanse 17.500 postos de traballo e a taxa de paro reducirase ao 14%.

 

O desemprego

 

Para Fran Cartelle, secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, non se pode perder de vista a “alta precariedade” e “temporalidade” do mercado laboral galego. “Están a levar a xente á exclusión social”, alerta. Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO, lembra que ao longo de 2017 Galiza presentou peores rexistros en paro e afiliación á Seguridade Social que a media do Estado español. Un dado a ter en conta: De 25 mil persoas que saen do paro en Galiza, só 14.600 o fan porque atoparon emprego.

 

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 278, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x