Recuperación? O salario medio en Galiza é o mesmo que en 2011 mentres en España aumenta 444 euros

Recuperación? O salario medio en Galiza é o mesmo que en 2011 mentres en España aumenta 444 euros

Era de 1787 euros en 2011 e é de 1.187,3 agora. Un período no que a media española pasou de 1.841 a 1878, 37 euros máis ao mes, 444 anuais.


Estanmos na fase da recuperación. É a máxima repetida desde hai uns meses desde diversos altofalantes, o goberno galego entre os máis significados. A crise ficou atrás e estamos nunha nova fase de crecemento, insisten. Mais os datos dos seus propios organismos poñen unha sombra a tanto triunfalismo. Unha destas sombras, a que vén de pousar o INE co seu informe sobre salarios. Entre 2011 e 2016 o salario medio mensual bruto en Galiza non se moveu. Seis anos perdidos. Era de 17887 euros en 2011 e é de 1787,3 agora.

 

Rexistro moi diferente deuse (como media) no Estado español. Pasou de 1841,8 euros a 1878,1 agora. Son 37 euros máis cada mes, o que resulta en 444 euros máis anuais. Unha fenda importante que vén a chover sobre mollado: os salarios galegos estaban tradicionalmente por baixo dos españois. Unha diferenza que se alarga. Galiza rexistra en 2016 o sexto salario medio máis baixo de todo o estado.

 

Segundo os datos da Axencia Tributaria, no único grupo onde medran en 2016 as persoas asalariadas é nos que ingresan menos da metade do Salario Mínimo Interprofesional. Aumentan as persoas con traballo pero que continúan sendo pobres. Porén, resulta ilustrativo que o grupo de maiores ingresos non só foi o que máis incrementou o ingreso medio, senón que, despois de Madrid, Galiza é o segundo territorio do Estado onde este colectivo ten o salario medio máis elevado.

 

Porén, un ano máis, é o colectivo de traballadores/as con ingresos brutos inferiores á metade do SMI -neste último ano inferiores a 1.806 euros anuais- o único colectivo no que se reduce o salario medio, concretamente 4% no último ano. Pasouse de 1.883 a 1.806 euros anuais, e ao mesmo tempo, é o colectivo que máis medra en número.



x