SERMOS GALIZA 225

Son reais os xuros, en mínimos históricos?


Son reais os xuros, en mínimos históricos?

Por que os xuros na banca son baixos? Son reais? Analizámolos nunha reportaxe publicada no Sermos Galiza 225, xa á venda na loxa. Eis un extracto da información.

Europa comezou a cambiar no ano 2008, co estalido dunha crise financeira que no caso do Estado español xerou desemprego, precariedade e inseguranza nas clases populares e medias. Desde entón, e malia que, como dixera o presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, o sistema bancario español estaba por méritos propios na cimeira mundial, nada volveu ser igual, nin cara a fóra nin tampouco cara a dentro, principiando daquela unha reestruturación que aínda non culminou todas as súas fases. O caso recente do Grupo Popular así o evidencia.

xurosA nivel interno, os efectos desa catarse após oito anos falan por si mesmos. No informe A economía galega, elaborado para Abanca por unha equipa dirixida por Alberto Meixide, achéganse dados que apuntan nesa dirección: desde a quebra de Lehman Brothers, pecháronse en Galiza nada menos que 800 oficinas, isto é, o 30% da rede, e destruíronse entre 5.000 e 6.000 postos de traballo dos perto de 20.000 cos que comezara aquel ano. En ningún sector, todo hai que dicilo, o axuste foi tan drástico. Paralelamente desenvolveuse o desmantelamento do sistema bancario propio e a día de hoxe pódese afirmar con rotundidade que, como sostén o economista e autor de As relacións banca-industria en Galicia, Ramón Yáñez, “non hai banca propiamente galega, pois depende de grupos alleos”.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra, que inclúe unha reportaxe coa responsábel de Adicae na Galiza, no Sermos 225, á venda na loxa online]