ABEL LOSADA E ADRIÁN DIOS DEBATEN EN SERMOS

Tarifa eléctrica galega, viábel e necesaria?

Tarifa eléctrica galega, viábel e necesaria?

A nova entrega da sección 5x2, que Sermos Galiza impulsa para conmemorar o seu V aniversario, reúne Abel Loasada, deputado do PSdeG e Adrián Dios, economista. Publicamos un extracto do debate recollido no número 250 de Sermos Galiza. VÍDEO NO INTERIOR.


Sermos Galiza. O Goberno español está a ultimar unha suba da luz na Galiza polo canon eólico da Xunta. Hai apenas unhas semanas, Alberto Núñez Feijóo afirmaba que non se ía producir...

 

Abel Losada. Hai unha auténtica perversión do sistema. Os impostos ambientais, de enerxía, como o eólico, etc... puxéronse en base á filosofía de quen contamina, paga. Agora, por unha decisión xudicial, que se toma sobre unha lei que está mal feita, ten que trasladar eses impostos a unha tarifa, ás persoas consumidoras. É dicir, non é quen contamina paga, senón que quen sofre a contaminación, paga. Iso non pode ser, a Xunta ten que posicionarse. Hai unha sentenza que hai que cumprir, mais o que hai que facer é modificar a lei para que asuma o que está asumido en todo o mundo desenvolvido: quen contamina, paga.

 

4Adrián Dios. Concordo, mais engado unha cuestión. Esa situación constata que si hai viabilidade técnica para que haxa diferentes tarifas por territorios, algo que o Goberno español negaba sistematicamente. Existen mecanismos legais a través dos cales hai territorios que por producir máis, pagan máis. Entón, non deberiamos procurar un mecanismo para que paguemos menos? Porque nós, Galiza, saímos perdendo. Hai viabilidade técnica para facelo, o que abre outro debate.

 

[Podes ler o debate íntegro no número 250 de Sermos Galiza, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]



x