Todas as miradas sobre o Banco Popular e a posibilidade da súa venda

Todas as miradas sobre o Banco Popular e a posibilidade da súa venda

A entidade nega “risco de quebra” e desminte perante os últimos ruxe-ruxe unha “venta urxente”, opción que non se desbota a medio prazo e sobre a que xa traballan os principais bancos españois. 


O Banco Popular non é un calquera en Galiza. A súa compra do Banco Pastor dotou á entidade presidida actualmente por Emilio Saracho dunha rede de sucursais e clientes que fan que por volta do 15% do aforro galego estea depositado neste banco. Por iso as novas destes días sobre a viabilidade e futuro da entidade financeira sexa seguidas con interese desde Galiza polas consecuencias das mesmas.

O Popular remitiu esta quinta feira un comunicado á CNMV nas que negaba que estivese en risco de quebra e negaba tamén que estivese preparando a venda urxente da entidade. Saía así ao paso de noticias que afirmaban que o Banco Popular encargara a  JP Morgan e Lazard a venda acelerada da entidade. O banco di que estes dñus bancos o único encargo que teñen é o de estudar a posibilidade dunha ampliación de capital ou unha fusión. Pola boca pequena, non se nega unha venda, mais non agora.

Mentres, o mercado aponta a unha futura venda do Banco Popular, cuxas accións rexistraron caídas en Bolsa após días de suba. Unha absorción que podería darse a curto prazo. Os ollos dos grandes bancos españois están pousados sobre a entidade, analizando e avaliando pros e contras. O Banco Santander e o BBVA xa se achegaran ao Popular antes da saída, en decembro, de Ángel Ron. O Sabadell tentou no pasado convencer o Popular para unha fusión.

Desde a secretaría de Estado de Economía e Apio á Empresa quixeron mandar unha mensaxe de “tranquilidade” perante a situación do Popular e afirmaron que os clientes poden estar “totalmente tranquilos”.



x