Venda do popular: BNG e CIG emprazan a Xunta a se mover para manter o emprego e a marca Pastor

Venda do popular: BNG e CIG emprazan a Xunta a se mover para manter o emprego e a marca Pastor

Consideran unha prioridades que se procuren solucións para os pequenos aforradores “estafados”.


Representantes do BNG e CIG mantiveron unha xuntanza para analizar o escenario creado tras a venda do Popular-Pastor ao Santander, concordando ambas as dúas na proposta de manter a marca do pastor  en Galiza, e en priorizar tanto o mantemento do emprego como procurar unha solución para “as persoas estafadas”. .

 

A portavoz parlamentaria de Economía do BNG, Noa Presas, resumiu en tres as propostas para deseñar unha “estratexia galega e evitar que Galiza quede como mera espectadora”.O BNG solicita unha investigación de todo o proceso de do Banco Popular-Pastor. Atamén insta a procurar fórmulas para a devolución dos aforros a todas as persoas afectadas por esta nova “estafa bancaria”, tendo en conta ademais que unha parte moi importante das accións tóxicas foron adquiridas polos traballadoras e traballadores “coaccionados” pola propia dirección da entidade. A defensa do emprego, incluídos tamén os postos de traballo nas empresas auxiliares,

De por parte,  o responsábel de CIG-Banca Clodo Montero resaltou as prioridades para a central sindical, que pasan pola defensa do emprego e por dar unha solución á clientela estafada “que é a que nos da de comer.

 



x