OS SEUS NEGOCIOS NA GALIZA

Villar Mir, o empresario que sabía demasiado do PP

Villar Mir, o empresario que sabía demasiado do PP

O empresario madrileño, entre as principais fortunas do mundo e dono do maior grupo empresarial do Estado español, ten no noso país numerosos intereses económicos, que van desde o sector das infraestruturas públicas até o campo mineiro ou o enerxético. Analizámolos no Sermos246. Eis un extracto da reportaxe.


Os negocios de Juan Miguel Villar Mir remóntanse na Galiza á década dos noventa. Chegou avalado polo entón presidente galego Manuel Fraga até se converter nun dos maiores adxudicatarios de obra pública no país. A súa primeira grande operación foi a adquisición de Carburos Metálicos, cuxo accionista maioritario era a Corporación Banesto de Mario Conde, que controlaba plantas de ferroaliaxes en Cee e Dumbría vinculadas ás concesións das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande. O 20 de novembro de 1992, a prensa recollía os termos do acordo para a venda, nos que Villar Mir renunciaba á súa pretensión de segregar os negocios en dúas compañías distintas. Nacía así Ferroatlántica, un dos principais activos do imperio do empresario madrileño, considerado durante anos como o maior holding de capital español. Hoxe, o grupo busca a aprobación da Xunta para a venda das centrais hidroeléctricas por separado.

2As sospeitas comezaron o pasado ano coa fusión por absorción do xigante norteamericano Globe Specialy Metals, polo que a compañía pasou a denominarse Ferroglobe. Un ano despois, a multinacional comunicaba ao mercado bolsista estadounidense que tiña fechada unha operación por 255 millóns. Para levaba a cabo precisa da autorización do Executivo galego, que recibiu nos pasados días a solicitude formal para a segregación dos negocios. O proxecto conta coa oposición unánime dos grupos políticos, dos alcaldes e da veciñanza das comarcas afectadas, así como do persoal, que teme pola desaparición de centos de postos de traballo, fundamentais para a economía comarcal.

[A íntegra desta reportaxe tela no número 246 do semanario Sermos Galiza, á venda na loxa e nos pontos de venda habituais]



x