Xunta deixa sen executar a metade dos orzamentos para formar desempregados

Xunta deixa sen executar a metade dos orzamentos para formar desempregados

A Xunta non executou 60% dos orzamentos de formación para ocupados nin 40% dos fondos de formación para desemprego


A 30 de setembro o goberno galego só executou 0,8 por cento dos fondos previstos para mellora da cualificación do emprego, ten sen executar 60 por cento dos orzamentos de Formación profesional para ocupados e 40 por cento dos fondos de Formación para o desemprego. Ademais, tan só gastaron 19 por cento das obrigas recoñecidas en Fomento da empregabilidade, 23 por cento en Fomento do emprego, e 28 por cento en Formación profesional dos desempregados.

 

Datos todos estes que para o portavoz do PSdeG,  Fernández Leiceaga, indican claramente o “déficit de proxecto e de xestión” de Feijóo en materia de emprego, que provoca que Galiza teña creado menos emprego que a media estatal dende a crise. Leiceaga acusou o goberno galego de dispor de “recursos que non manexan coa eficacia debida e responsabilidades que non asumen”, no que cualificou de “xestión absolutamente deficiente”.

 

De acordo cos datos da EPA, entre o terceiro trimestre de 2008 e de 2017 Galiza perdeu 134.000 ocupados, e pasou de supoñer  case 6% das persoas contratadas no total do Estado estado español ao 5,6.



x