POSTA EN LIBERDADE PROVISORIA BAIXO A ACUSACIÓN DE DESORDES PÚBLICAS

A Audiencia Nacional descarta imputar terrorismo á activista dos CDR

A Audiencia Nacional descarta imputar terrorismo á activista dos CDR
Tamara Carrasco, no día da súa detención
Tamara Carrasco, no día da súa detención  

A Audiencia Nacional non dá crédito ás investigacións da Garda Civil e non imputa o delito de terrorismo á activista dos Comités de Defensa da República, Tamara Carrasco, detida esta terza feira.


Tamara Carrasco foi posta en liberdade provisoria esta quinta feira após a Audiencia Nacional desbotar imputarlle o delito de terrorismo. 

 

O xuíz Diego Egea si que ve indicios dun outro ilícito penal, o de desordes públicas, polo que ditou medidas cautelares: Carrasco só poderá abandonar Viladecans para ir ao traballo ou se pide permiso xudicial.

 

Egea non tivo en conta a petición da Fiscalía, órgao do poder xudicial vinculado hierarquicamente ao poder executivo que pedía ao xuíz a prisión incondicional para a activista e o seu procesamento por rebelión e terrorismo.

 

 



x