LEMBRA QUE O ESTADO ESPAÑOL NON É UNIFORME

A actriz Pamela Anderson defende o feito diferencial de Galiza

A actriz Pamela Anderson defende o feito diferencial de Galiza
A actriz Pamela Anderson no festival de Cannes deste ano. Foto: cedida.
A actriz Pamela Anderson no festival de Cannes deste ano. Foto: cedida.  

Os apoios ao proceso de autodeterminación de Catalunya son múltiples, variados. Algúns inesperados. Hai dous días, fíxose público un ben singular: o da actriz Pamela Anderson. No seu blog pendurou unha entrada en que defende o dereito de Catalunya  "a determinar o seu propio futuro e como gobernar os seus asuntos" e o feito diferencial de Galiza, o País Basco e Catalunya.
 


"A idea de que España é un país uniforme é un mito", escribe Anderson, "os cataláns, o País Vasco e Galiza teñen a súa propia cultura e lingua, e os cataláns sempre foron os máis abertos ao mundo". A célebre protagonista da serie televisiva Os vixiantes da praia (Baywatch, 1989-2001) esténdese sobre o conflito catalán e asegura que a idea de Europa como "continente de Estados nación" pertence ao pasado.



x