As alcaldesas e alcaldes da CUP desobedecerán a Fiscalía e non irán declarar

As alcaldesas e alcaldes da CUP desobedecerán a Fiscalía e non irán declarar
Anna Gabriel, a primeira pola esquerda, e Mireia Vehí, a segunda pola direita, en Valéncia
Anna Gabriel, a primeira pola esquerda, e Mireia Vehí, a segunda pola direita, en Valéncia  

Chaman o resto de forzas soberanistas a faceren o propio. A CUP cualifica de "demofóbica" a acción do Estado español ao atacar "os direitos fundamentais" das cidadás e dos cargos eleitos da formación.


A Candidatura d'Unitat Popular ostenta neste momento a alcaldía en 28 concellos e cogoberna, en coligazón, os populosos municipios de Sabadell e Badalana, localidades estas que non pertencen á Associació de Municipis per la Independència.

 

A CUP entende que a Lei do Referendo continúa en vigor, embora ter sido suspendida polo TC, e cuestiona que a Fiscalía teña competencias para ordenar a detención daquelas alcaldesas e alcaldes que se neguen a comparecer. 

 

A orde da Fiscalía non só se dirixe ás alcaldesas e aos alcaldes para que comparezan, senón tamén aos Mossos d'Esquadara, para que deteñan aquelas se desobedeceren a instrución do Ministerio Público. Precisamente ao corpo policial catalán dirixiuse esta cuarta feira o parlamentar cupaire Benet Salellas para lle pedir que se poñan "a carón da xente" e "velen polos dereitos do pobo".

 

Distinta actitude mostran os concellos soberanistas da órbita de Junts Pel Sí. Organizados en dúas entidades independentistas -a Associació de Municipis per la Independència (AMI) e a Associació Catalana de Municipis (ACM)-, optan por unha estratexia dupla: en primeiro termo, comparecer perante a Fiscalía para declarar a súa intención de continuar a colaborar co referendo -non ven niso nengunha ilegalidade- e, en segundo, convocar para este sábado ao mediodía na Praça de San Jaume un acto en protesto contra a decisión da Fiscalía.

 

Máis medidas represivas

 

As accións represivas do Estado contra o soberanismo catalán non cesan. Esta cuarta feira, a policía española impediu a realización dun acto informativo da CUP, coas deputadas Anna Gabriel e Mireia Vehí, en Valéncia sob o pretexto de que os anticipalistas non pediran previamente permiso. A CUP alega que non se trataba dun mítin, senón dunha convocatoria de imprensa, razoamento que é replicado por Interior co argumento de que os independentistas reuniran máis de 20 persoas.


Todas elas, incluída as parlamentares, foron identificadas.

 

No momento en que editamos esta información acaba de se saber que a Garda Civil está a rexistar unha empresa de Malgrat de Mar co propósito de fechar a páxina web do referendo.

 

 

 

 

 

 



x