Banco Sabadell traslada a súa sede fóra de Catalunya, a Alacant

Banco Sabadell traslada a súa sede fóra de Catalunya, a Alacant

Os servizos centrais da entidade financeira, en todo caso, continúan en Catalunya. 


O Consello de administración do Banco Sabadell decidiu esta tarde nunha xuntanza extraordinaria trasladar o enderezo social da entidade a Alacant (País Valenciá). 

 

O obxectivo sería o de garantir a seguridade xurídica que proporciona o marco regulatorio do Banco Central Europeo (BCE). O cambio de sede só precisa da aprobación do Consello de Administración grazas a unha reforma feita no seu día polo goberno de PP e que fixo que esta decisión non tivera que contar co apoio da xunta accionista.

 

Entre as cidades candidatas a acoller o domicilio social do Banco Sabadell barallábase Madrid, Alacant e Oviedo. Os servizos centrais da entidade financeira, en calquera caso, seguirían situados en Barcelona. 

 

·"Guerra suxa económica"

 

Dende o sector de Banca da CIG mostran nun comunicado "o noso apoio a todos e todas os compañeiros e compañeiras que traballan nas distintas entidades financeiras catalás, nalgún caso froito da absorción dunha entidade galega, despois da reestruturación do sistema financeiro impulsada polos Gobernos de Madrid co obxectivo de privatizar e centralizar a banca".

 

Para o sindicato, estes traballadores sofren "unha guerra sucia económica impulsada polos sectores encadrados nas máis rancias posicións centralistas postfranquistas. Unha campaña que ten coma obxectivo desestabilizar as entidades catalás co fin claramente político de amedrentar o pobo catalán e dar pasos na escalada belicista e de confrontación".

 



x