Cinco candidatos nacionalistas pasan á segunda volta das lexislativas francesas

Cinco candidatos nacionalistas pasan á segunda volta das lexislativas francesas

Por circunscricións de Córsega, Bretaña e Alsacia. A candidatura vida esquerda abertzale, Euskal Herria Bai, logrou 10,4% dos votos en Iparralde.


Na asemblea lexislativa francesa que saia da segunda volta das eleccións, 18 de xuño, pode haber cinco deputados nacionalistas, unha imaxe nada habitual nunha Cámara e nun estado tan centralista coma o francés. Cinco candidatos nacionalistas que pasaron á segunda volta nas súas respectivas circuncricións en Córsega, Bretaña e Alsacia.

 

En Córsega superaron a primeira volta das lexislativas  os candidatos Jean-Felix Acquaviva, con 36,4% dos votos; Michel Castellani 30,42% e Paul André Colombani, 30,4%. Nesta illa mediterránea baixo soberanía francesa o soberanismo corso rexistrou nestes anos importantes avanzos electorais, que lle levaron mesmo a gañar o goberno de Córsega en 2015.

 

Jean-Luc Bleunven, obtivo 15,20% na sá circunscrición de Bretaña. Se ben el non é explicitamente nacionalista, tivo o apoio destes.  Gérard Simler obtivo 16,85% dos apoios en Alsacia coa lista promovida por Unser Land.

 

A candidatura da esquerda abertzale, Euskal Herria Bai, non logrou pasar á segunda volta mais aumentou en apoios a respecto das anteriores eleccións. Este domingo pasado logrou 10,4% dos sufraxios, case dous puntos máis que hai cinco anos.

 



x