Carles Puigdemont, designado candidato do PDeCat

Carles Puigdemont, designado candidato do PDeCat
Carles Puigdemont nunha comparecencia o pasado outubro.
Carles Puigdemont nunha comparecencia o pasado outubro.  

O Consell Nacional do PDeCat anunciou que Carles Puigdemont será o seu candidato ás elección do 21D. 


Marta Pascal, a coordinadora do Partit Demòcrata Europeu Català, foi a encargada esta mañá de realizar o anuncio e avanzar a posición do partido respecto da coalición ampla á que onte se apuntou desde ERC. "Por nós non vai ser, non seremos nós quen poñamos condicións", asegurou a dirixente nacionalista unha vez resolta a cuestión do liderado no PDeCat.

 

Desde Bélxica, onde espera a actuación da fiscalía de Bruxelas, o president Carles Puigdemont propuxérase esta semana para encabezar unha candidatura unitaria. Mais non se reeditará a fórmula JxSí. Desde o PDeCat, Marta Pascal pediu "xenerosidade extraordinaria interna e externa" para facer posíbel "unha gran lista unitaria que incorpore todas as sensibilidades”.

 

A resposta do PDeCat á mensaxe lanzada onte desde ERC, no sentido de que ás CUP deben facer parte desa lista, non deixa claro, en opinión de medios cataláns, se o partido de Puigdemont será quen de asumir esa condición.



x