INTERNACIONAL

Carles Puigdemont realizará hoxe a súa mensaxe institucional de fin de ano desde Bruxelas

Carles Puigdemont realizará hoxe a súa mensaxe institucional de fin de ano desde Bruxelas
Carles Puigdemont.
Carles Puigdemont.  

O discurso de Cap d'Any do presidente da Generalitat emitirase polas redes sociais esta tarde, mais non pola TV3.


Carles Puigdemont, o presidente da Generalitat desde xaneiro de 2016 e no exilio en Bruxelas desde outubro de 2017, dirixirase hoxe a Catalunya nunha mensaxe de fin de ano que, en principio, non será emitida pola televisión pública catalá, TV3, como era tradicional coas intervencións de Cap d'Any nestas datas dos presidentes da Generalitat.


 

Chio en Twitter do anuncio de que Puigdemont fará o discurso de Cap d'Any

O anuncio lanzouse esta mañá desde a conta que o Govern, cesado a finais de outubro pola aplicación do artigo 155 da Constitución en Catalunya, mantén en Twitter, mais sen especificar a hora de emisión da mensaxe. O chío sinala que Puigdemont realizará este sábado "a tradicional mensaxe institucional de fin de ano" desde Bruxelas, onde reside desde principios de novembro, e varias fontes apuntan que probablemente emitirase polas redes sociais “a última hora da tarde”.


 

Medios cataláns apuntan que ademais do balance do 2017, o interese do discurso reside en saber se Puigdemont fará algunha referencia ao seu regreso e a formación do futuro Govern.



x