O CIS sinala un empate técnico entre ERC e Ciudadanos

O CIS sinala un empate técnico entre ERC e Ciudadanos
arrimadas
arrimadas  

As forzas independentistas ficarían a 1 escano da maioría absoluta. O partido de Inés Arrimadas sería o máis votado.


O bloque independentista ficaría a un escano da maioría absoluta nas eleccións do 21D, segundo a enquisa que vén de publicar o Centro de investigacións sociolóxicas (CIS). Unha sondaxe que deixa un empate técnico entre ERC e Ciudadanos, sendo a forza de Inés Arrimadas a máis votada, a 32 escanos.

 

Esquerra obtería 32 escanos, a lista de Carles Puigdemont (Junts per Catalunya), 25/26; e a CUP obtería 9. Sumarían 67, un menos que os necesarios para a maioría absoluta. Ciudadanos lograría 31/32 parlamentares, o PSC subirían de 16 a 21 e o PP retrocedería de 11 a 7. Sumarían 60 escanos, moi lonxe dos 8 necesarios para formar goberno.

 

Catalunya en Comú tería, pois, a chave da gobernabilidade, cos 9 escanos que lle outorga o CIS. A enquisa realizouse entre 23 e 27 de novembro sobre unha mostra de 3.000 persoas entrevistadas.



x