Citan a declarar a 13 profesores máis por “delito de odio" por tratar nas aulas a actuación policial do 1-O

Citan a declarar a 13 profesores máis por “delito de odio" por tratar nas aulas a actuación policial do 1-O
catalunya referendo feridos
catalunya referendo feridos  

A Fiscalía cita a declarar ao director e 12 profesores do IES El Palau de Sant Andreu de la Barca polos comentarios que presuntamente fixeron os docentes a alumnos que son fillos da Garda Civil sobre a violencia no día do referendo, 1-O. Segundo recolle Nació Digital, que consultou fontes do Ministerio do Interior, a Garda Civil en tarefas de policía xudicial, tomaralles declaración a comezos de xaneiro para esclarecer se houbo “delito de odio”. De ser así, a Fiscalía presentaría unha denuncia ou querela contra os profesores.

 

Após o 1-O, familiares de axentes das forzas de seguridade españolas dirixíronse ao concello de Sant Andreu de la Barca para expresar o seu malestar por supostos comentarios de profesores. O centro desmentiu as acusacións de “adoutrinamento” nas aulas e asegura que sempre velou pola convivencia da comunidade educativa”.

 

En novembro pasado foron citados a declarar 8 mestres da Seu d'Urgell por falar do 1 de outubro nas aulas, acusados dun posíbel delito de “incitación ao odio”. 



x