Concellos soberanistas néganse a ceder espazos para as eleccións do 21D

Concellos soberanistas néganse a ceder espazos para as eleccións do 21D
Unha asemblea de alcaldes independentistas.
Unha asemblea de alcaldes independentistas.  

A ANC cualifica de “pantomima” os comicios.


Argentona, Viladamat ou Verges, con alcaldes da CUP, Gironella, do PDECat, ou Arenys de Munt e Vilassar de Dalt, de ERC; son algúns dos concellos que se están a manifestar publicamente a respecto das eleccións do 21D, convocadas polo goberno español a través dos poderes que lles dá o 155. Municipios que anuncian que só recoñecen o Parlament de Catalunya e o Govern catalá, e que apontan a que non cederán espazos para os comicios do 21 de decembro.

 

Que facer o 21D? Esta está a ser, nestes días, unha das principais preguntas que se está a formular no seo do independentismo. Participar ou non? Facelo como nunha convocatoria máis ou con fórmulas ‘excepcionais’?

 

Neste debate vén de se posicionar a ANC, a entidade que canda Òmnium, foi motor civil do proceso soberanista ao longo destes anos. Nun comunicado interno, a Assemblea cualifica os comicios do 21 de decembro de "pantomima electoral, que demostrará ao Estado español que hai un territorio que “non controlan”.



x